CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Cosmoloxías' chega a Fonseca tras unha noite no Sáhara

05/03/2019 - 10:31 h

Hoxe escoitamos música cósmica e miramos cara o universo. A mostra de arte 'Cosmoloxías', organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, está exposta no Colexio de Fonseca en Santiago de Compostela.

"A arte e a ciencia teñen moitas preguntas en común e un gran interese polo misterio", explica a artista arxentina e responsable da mostra, Irene Dubrovsky.

"A experiencia máis forte que tiven co ceo foi nunha viaxe que fixen a Marruecos, onde me internei na paisaxe das dunas do deserto. Aí naceu unha das pezas que presentamos na exposición, que en realidade é a tradución dunha experiencia nocturna na soidade do deserto. Un momento en que estás soa xunto ao ceo", explica a artista.

Como converter en tanxible algo que é infinito? "Pensando que o ceo é un código, unha linguaxe con xeometría", conta Irene.

"Arte e ciencia son moito máis parecidos do que se cre. Son dous actividades de creatividade e busca de verdade", explica o físico teórico Jose Edelstein, con quen tamén falamos neste espazo cultural para entender a arte dende a perspectiva científica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí