CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O proxecto europeo 'Invisible Wom@rts' está no Auditorio de Galicia ata o 15 de decembro

04/11/2019 - 17:45 h

A mostra Invisible Wom@rts, un proxecto colaborativo de longa duración, procura a presenza igualitaria das mulleres na arte. Nela participan 32 artistas europeas de diferentes países, todas elas cun denominador común como punto de partida nos seus traballos: O segundo sexo, de Simone de Beauvoir. 

O proxecto estará no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, ata o 15 de decembro.