CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Úrsula Heinze publica 'Delirios de pracer'

03/12/2018 - 10:30 h

Úrsula Heinze rompe cos tabús e publica 'Delirios de pracer', unha novela que fala da sexualidade na terceira idade. Neste 'Diario cultural' falamos de literatura e pracer a través da mirada de Sara, a protagonista deste libro.

"As persoas non perden a súa sexualidade ao facer anos", asegura Úrsula Heinze. Naturalidade e realidade son os valores que están presentes nunha obra que busca dialogar con todas as persoas maiores para empatizar con elas e, ademais, falar sobre un tema silenciado na sociedade.

A escritora Úrsula Heinze demostra, unha vez máis, que se atreve a falar do que ninguén fala. Os últimos libros de Heinze falaban da depresión dende a ficción e dende o ensaio en primeira persoa. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí