CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Entrevista a Pepe Peinó

03/08/2020 - 14:32 h

Coa obra Bica de Montouto, José Vázquez Peinó fíxose coa vitoria na quinta edición do Concurso de Relatos Balbino. Máis coñecido como Pepe Peinó, este lucense natural de Alfoz, profesor de secundaria no IES de Alfoz Valadouro, é autor de máis de 100 obras de teatro, ademais de actor e director de teatro e de cine. Ten publicado o libro 20 obras de teatro afeccionado en autoedición, ademais de dúas novelas e unha zarzuela.

Gaña a quinta edición do concurso de relatos Balbino co texto Bica de Montouto. Do relato, o xurado salienta "a forza telúrica dunha historia sobre o despoboamento rural en que se moven personaxes cheos de matices que loitan pola supervivencia do seu".