CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Carlos Lema publica o Álbum da Cuarta Dimensión

03/08/2020 - 10:55 h

 

Alba Cid tráenos Álbum da cuarta dimensión de Carlos Lema (Chan da Pólvora, 2020).
Le para nós uns versos de inicio e explica cal é o posicionamento, a exploración desta cuarta dimensión: a da inscrición na materia, volverse cousa e ao nivel das outras cousas do mundo, que pode ligarse facilmente co último ensaio do autor e editor, A monstruosidade moderna.
O álbum vertébrase en tres seccións: a inicial, Homenaxe; a central e maior, que dá título ao volume, e a última, O inaudito.
Alba Cid revisa temáticas e liñas de forza de cada unha das partes dun poemario intelectual, esixente, mais, á vez, atento.