CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Lembramos a figura de Laxeiro a través da mostra 'Son eu. Dezaoito autorretratos de Laxeiro. Da afirmación á disolución do suxeito'

03/02/2020 - 17:49 h

Coa nosa experta en arte Rosario Sarmiento, lembramos a figura de Laxeiro a través da mostra 'Son eu. Dezaoito autorretratos de Laxeiro. Da afirmación á disolución do suxeito', exposta na Fundación Laxeiro de Vigo.

Nela, por primeira vez, reúnese a totalidade dos autorretratos realuzados por Laxeiro e coñecidos ata a data. Dende os anos vinte ata finais dos anos oitenta un total de dezaoito pezas, feitas en técnicas diversas que ilustran a evolución do artista e a interpretación da súa propia imaxe.