CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Birimbao, poemas de min para ti': Xerais publica as cartas de Celso Emilio Ferreiro durante a guerra civil

03/02/2020 - 10:31 h

A aparición de 'Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939)' supón un verdadeiro acontecemento literario. Esta obra de Celso Emilio Ferreiro desvélanos como é a poesía que o autor de Celanova ideou e escribiu ao longo da guerra civil e axúdanos a entender a xénese da súa expresión poética, que nunca abandonou.