CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O libro 'Am@te' cuestiona como aprendemos a amar

03/01/2019 - 10:30 h

As escritoras e investigadoras Chis Oliveira e Amada Traba publican o libro 'Ám@me', unha obra que cuestiona o concepto de amar e como aprendemos a amar na sociedade actual. Un gran número de producións culturais están protagonizadas polo amor e o ser humano tenta imitar aquilo que observa ao seu redor. Como aprendemos a amar?

A Editorial Galaxia vén de publicar unha colección sobre feminismo, entre a que se atopa esta obra. Nas súas páxinas, un gran número de cuestións sobre os mitos do amor romántico, a sexualidade, o amor nas redes e as relacións na xuventude.

As escritoras explican que, aínda que non nos decatemos, o amor é o sustento da organización social, relacionado coa política, o poder e a economía. Ao mesmo tempo, crea a expectativa de "atopar unha parella perfecta coa que compartir toda a vida". Entón, que é o amor en realidade e que podemos esperar del?

Chis Oliveira e Amada Traba móstranse optimistas ante unha sociedade "disposta a revisar todo o aprendido e facer cambios". Neste contexto, o seu libro xoga un papel fundamental. En definitiva, un libro para aprender a amar de novo, pero mellor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí