Diario Cultural
Boadicea Editora: fantasía, ciencia ficción e terror en galego
Alba Rozas e José Manuel Dopazo son dous dos impulsores desta nova editora que publica literatura de fantasía, ciencia ficción e terror para todas as idades.
Preséntanse con obras para a infancia, para o público xuvenil e tamén para o lectorado adulto, coa tradución ao galego de todo un clásico da ciencia ficción, Ubik, do autor estadounidense Philip K. Dick, que se fai presente nesta entrevista dun xeito insólito.