CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Galego en Londres, premio da Cultura Galega de proxección exterior

01/12/2019 - 09:30 h

En Londres fálase e apréndese galego. 'Galego en Londres'  é un proxecto nado nas aulas de lingua galega do instituto Cañada Blanch de Londres que acaba de gañar o premio da Cultura Galega 2019 na modalidade de proxección exterior. Ademais de crear unha ponte entre a rapazada galego-londoner e a Galicia actual, o blog e as redes de Galego en Londres son un punto de encontro imprescindible para coñecer a comunidade galega na capital británica e a presenza da cultura galega na cidade. Miramos tamén cara ao exterior para falarmos do festival Suns Europe de linguas minorizadas, coa participación dos galegos Ataque Escampe no Suns Europe ou o último premio Xerais de novela,'Shanghai a Barcelona'

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí