CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Luís Seoane, homenaxeado no Día das Artes Galegas

01/04/2019 - 10:30 h

Luís Seoane é o artista homenaxeado no Día das Artes Galegas. Neste Diario cultural falamos da súa traxectoria plástica e artística.

"Dende o seu exilio durante a guerra civil sempre tivo unha vontade moi clara de estar traballando pola nosa cultura", asegura Carlos López Bernárdez, historiador da arte e autor de Un pintor que sabía o que facía, da Editorial Laiovento. 

Tamén escoitamos as voces de Jorge Espiral, pintor e director da galería La Catedral, en Lugo; con María Elena Montero, artesá creadora de tapices en colaboración con Luís Seoane; e con Silvia Longueira, directora Fundación Luís Seoane.

"Penso que o libro Homenaxe á Torre de Hércules reflicte a esencia de Seoane", explica Silvia Longueira.

"O seu traballo de edición, ao servizo da cultura galega, é moi importante neses anos. Nun momento en que é imposible editar aquí en galego e a nosa lingua está tan perseguida", engade Carlos López Bernárdez.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí