CRTVG

Buscar

Galicia en Goles 14.30

Denís Suárez, futbolista do F.C. Barcelona

23/05/2018 - 14:30 h

O futbolista do FC Barcelona Denís Suárez participou este mediodía no programa Galicia en Goles 14.30, da Radio Galega.

O xornalista Pedro Pablo Alonso conversou durante trece minutos co futbolista de Salceda de Caselas, que volveu estes días a Galicia para presentar a escola de fútbol que leva o seu nome na súa vila e un campus de verán en Pontevedra.

Denís Suárez manda unha mensaxe á afección do Celta ao confesar que algún día vestirá a camisola celeste, pero cre que este non é o momento. Soña con triunfar no Barça e con ter máis minutos na próxima temporada.

O futbolista tamén falou da presenza de Iago Aspas na selección para o próximo Mundial. Cre que debe ser titular na fase final e matizou que non o di como amigo, senón como profesional do fútbol. Sobre a cláusula de 40 millóns que ten o de Moaña no Celta, Denís dixo que é unha cantidade baixa que pode pagar calquera clube importante.

Por último falou da próxima final da Champions, que disputarán o Real Madrid e o Liverpool en Kiev. Preguntado si ten alguha preferenza apuntou que desexa a vitoria do Liverpool.


Repaso da última hora da actualidade deportiva
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí