A Tarde
Barahúnda: "Facémolo por amor, non pola fama nin pola fortuna"
Helena de Alfonso e Jose Lara son os dirixentes de Barahúnda. Un proxecto que naceu en Madrid en 1998. Os seus principais integrantes trasladáronse hai uns anos a Rianxo. Dende os seus comezos o galego está presente na súa música. No seu último disco o galego é un dos fíos condutores.
'Onde vai o mar?' é o seu cuarto traballo discográfico. "En Galicia atopamos o noso lugar no mundo", afirman.