CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Ascenso do Breogán á Liga ACB

13/04/2018 - 21:00 h

Doce anos despois, o Breogán de Lugo regresou á Liga ACB de baloncesto. Fíxoo pola porta grande, na antepenúltima xornada da LEB Ouro e arroupado por máis de 5500 seareiros no Pazo dos Deportes.

Alfonso Pardo contou os corenta minutos de xogo, arroupado por Emilio González co micrófono sen fíos e cos comentarios do ex-adestrador Lisardo Gómez. A retransmisión dirixiuna Roberto Carlos Carballo.

O Breogán derrotou o Iraurgi de Azpeitia, por 93-89. Foi un encontro igualado e moi emocionante. A partir de xa, a directiva traballa na planificación da próxima temporada, para competir ante os grandes do baloncesto español.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí