CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Javier Falagán: "Tivemos que pasar todos unha corentena antes de reincorporarnos"

31/03/2020 - 21:02 h

O ex-porteiro do Compostela, Javier Falagán, xogou onte Ao contraataque dende A China, onde se atopa adestrando os porteiros da canteira do Guangzhou Evergrande.

Esta semana comezou os adestramentos trala parada obrigada pola crise do coronavirus:

Falagán, valisoletano de nacemento, pero vigués de adopción considera que a única data de retorno viable para a competición futbolística sería a finais de xuño coma moi pronto vendo os tempos que se están manexando na China:

O retorno dos equipos ten que ser gradual. Tivemos que pasar todos unha corentena antes de reincorporarnos ao club e pasamos dous controis de temperatura ao día

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.