CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Frederico Venancio: "Gustaríame seguir no Lugo"

01/12/2020 - 23:15 h

O central portugués do Club Deportivo Lugo, Frederico Venancio, xogou Ao contraataque na previa do partido desta noite fronte á U. D. As Palmas na 16ª xornada de liga na segunda división.

O futbolista recoñeceu a frustración no vestiario despois de deixar escapar dous puntos fronte ao Málaga no último treito de partido e apostou por erguer a cabeza e recuperar a senda da vitoria esta noite contra o equipo canario.

Así mesmo, Venancio manifestouse satisfeito polo seu rendemento neste inicio de temporada no conxunto galego e non pechou a porta á continuidade en Lugo aínda que a súa cesión non sexa con opción de compra.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.