Ao Contraataque
Paco Herrera: "Iago Aspas tería que estar na Selección"
O ex adestrador do Celta Paco Herrera xogou onte Ao Contraataque.
O técnico foi un dos impulsores da carreira futbolística de Iago Aspas o que louvou unha vez máis: "A habilidade que ten Iago para recibir entre liñas, xirarse é saír sempre ben posicionado é moi difícil de atopar no fútbol. A miña preocupación con el era que xogase o máis arriba posible, para que logo se soltase, liberado de tarefas defensivas. Ten fútbol para ser o último atacante ou o segundo punta. Iago tería que estar na Selección. Quen estamos seguros diso somos os que o coñocemos ben. Ademáis é moi do Celta, demasiado. En todos os sentidos. Vigo é o seu lugar de seguridade".
*Foto: MGB.