CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Adrián Alonso 'Pola' : "Esta liga sabe incluso mellor"

30/06/2020 - 23:46 h

O xogador vigués de Inter Movistar, Pola, xogou onte Ao Contraataque tras acadar o seu sexto título ligueiro co conxunto madrileño: “Esta liga sabe incluso mellor. Cando chegamos a Málaga tiñamos a sensación de que a liga ao mellor tiña menos mérito, pero visto o vivido ten moitísimo. Gañar seis ligas é demasiado. Somos poucos os que gañamos seis ligas, pero quero máis. Quero gozalo pero tamén seguir gañando. Tras a lesión sentínme de novo xogador. Este confinamento veume ben para centrarme na recuperación do xeonllo, e non rematei no meu mellor nivel, pero puiden axudar. Viviremos un cambio no proxecto do equipo pero Inter ten un xene gañador e loitaremos por seguir gañando”.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.