CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Borja Iglesias: "O que estamos vivindo é unha lección para todos"

30/03/2020 - 21:04 h

O santiagués Borja Iglesias xogou onte Ao contraataque. O dianteiro do Betis referiuse a situación que se está vivindo no fútbol coa crise do coronavirus.

O que estamos vivindo é unha lección para todos. Sempre hai algo máis forte cá ti. Hai que coidar a vida e coidar e respectar os demais.

Sobre a volta da competición, recoñeceu que hai días que ten dúbidas sobre se será posible. E no que atinxe ao deporte destacou que non se arrepinte de asinar no Betis no verán,  pese a que non lle estean saíndo as cousas no campo como esperaba.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.