CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Mostovoi: "Smolov vaise entender ben con Iago Aspas"

30/01/2020 - 23:06 h

O mito do celtismo Alexander Mostovoi xogou onte 'Ao contraataque' para valorar a chegada a Vigo do seu compatriota Fedor Smolov: "É un xogador que vai conectar ben con Iago polo seu estilo. Vanse gustar mutuamente. Son xogadores que buscan ,non esperan".

O xogador de San Petersburgo avalou a chegada do ex-xogador do Lokomotiv: "É unha boa fichaxe para o Celta. Sobre todo no momento no que está o Celta. Estou moi contento. É certo que non estaba xogando ben ultimamente, pero foi 'pichichi' os dous últimos anos".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.