Ao Contraataque
Juanpe Jiménez: "Pegueille coa alma"
O xogador andaluz do Club Deportivo Lugo, Juanpe Jiménez, xogou Ao contraataque para analizar o empate do seu equipo no Rodríguez López fronte ao Tenerife na novena xornada de liga na segunda división.
Juanpe, autor do gol da igualada no derradeiro minuto do encontro, manifestou a ledicia do vestiario por poder sumar un punto nun partido que se puxera moi complicado coa expulsión de Hugo Rama no minuto oito.
Para o xogador do equipo lucense foi o seu primeiro tanto no fútbol profesional despois da chegada a Lugo este pasado verán.