CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Oriol Riera: "É complicado ter confianza na situación en que está o Dépor"

29/10/2019 - 23:20 h

O actual dianteiro do Fuenlabrada, Oriol Riera, xogou onte Ao contraataque.

O ex do Depor e do Celta referiuse á mala situación clasificatoria do equipo herculino: "Sorprende moito que o Dépor sexa un dos equipos que está na zona baixa, polos xogadores que ten, pola entidade. Pero a 2ª é moi larga, hai tempo para resarcirse".

O catalán cre que o factor anímico é chave para explicar a situación do Deportivo: "Ter confianza, sobre todo na situación do Dépor, é moi complicado. Pero teñen xogadores experimentados, é cuestión de tempo que saian da situación na que están".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí