CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Jose Luis Oltra: "É un sacrilexio ver o Dépor na 1º RFEF"

29/07/2021 - 23:06 h

O actual adestrador do Fuenlabrada, Jose Luis Oltra, xogou onte Ao contraataque. O extécnico do Deportivo valorou a chegada ao Celta de Javi Galán, xogador que tivo á súa disposición na época en que adestrou o Córdoba: "Puxen a Galán de lateral esquerdo polo contexto, polas necesidade do equipo. Tiña boas condicións e ganas de crecer e mellorar. Salvando as distancias, era un pouco un Jordi Alba. Creo que é unha fichaxe moi boa para o Celta. Fixeron un esforzo para traelo, pero creo que todas as partes saen beneficiadas. Todos queren crecer, mellorar. É un rapaz con habilidade, con forza. Encara moi ben o balón. Ademais, meteuse no papel de ser disciplinado no aspecto defensivo para que non lle desborden, nese sentido recargou as baterías".

Tamén analizou o actual momento do Deportivo, que adestrou: "É un sacrilexio ver o Dépor en 1º RFEF. A festa do fútbol galego ten que ser na Primeira División".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.