CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Juanfran: "Empezamos con vantaxe, os xogadores levan xa a unión na mochila"

29/07/2020 - 23:03 h

O adestrador do Club Deportivo Lugo, Juanfran García, xogou Ao contraataque despois de que se confirmara a súa renovación como técnico do equipo galego de cara á próxima temporada.

Juanfran manifestou a súa ledicia por esta oportunidade que lle dá o Lugo, apostou por darlle continuidade ao feito no último treito da pasada temporada, recoñeceu que haberá que estar moi fino á hora de afrontar este mercado de verán e non negou que o extremo do R. C. Celta Juan Hernández é un futbolista moi do seu agrado:

"O que lle quero prometer á afección é que o equipo terá a mesma actitude ca no final de temporada".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.