CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Diego Mariño: "Sempre dixen que me encantaría xogar en Vigo. Tería que ser o Celta o que dese o primeiro paso"

29/06/2021 - 23:07 h

O porteiro galego do Sporting de Xixón, Diego Mariño, xogou 'Ao contraataque' para analizar  a convocatoria do gardameta cangués do R. C. Celta, Iván Villar, coa selección olímpica española para os Xogos de Toquio.

Mariño, olímpico nos Xogos de Londres 2012, recoñeceu , preguntado por un  posible interese do equipo olívico na súa contratación, que nunca escondeu que lle encantaría xogar algunha vez no equipo da súa cidade.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.