CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Sebastián Méndez: "Traballar con Maradona é algo para lembrar. Sempre se aprende"

29/04/2020 - 21:40 h

O ex-xogador do Celta, Sebastián 'Galego' Méndez, xogou onte Ao contraataque.

O arxentino é o axudante de Diego Armando Maradona e falou sobre a experiencia de traballar man a man co arxentino: 

Non vou dicir que Diego é unha persoa normal, porque tivo unha vida de película . Traballamos en harmonía, defende moito os xogadores porque el é xogador. Deféndeos a morte. Se non chega a ser por traballar con Maradona, seguramente non aceptaría ser segundo. Traballar con Diego é algo para lembrar. Sempre ten algo para darnos a nós e aos futbolistas. É unha fonte continua de ideas

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.