Ao Contraataque
Iker Losada: "Polo que supuxo para o equipo, quedo co gol que marquei no Vao e non co que lle marquei ao Real Madrid"
O futbolista da canteira do R. C. Celta, Iker Losada, xogou onte 'Ao contraataque' na Radio Galega despois de anotar o decisivo gol que clasificou o filial do equipo vigués para loitar polo ascenso á Segunda División.
O xogador de Catoira quere ser ambicioso con vistas a esta segunda fase da competición e ve o equipo preparado para loitar cos mellores por ascender de categoría.