CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Rafinha: "Non teño dúbidas. O Celta vaise salvar"

29/01/2020 - 23:14 h

O xogador do Celta Rafinha xogou onte “Ao Contraataque”.

O internacional brasileiro apostou pola salvación do seu equipo: “Non teño dúbidas. O Celta vaise salvar. A situación non é fácil pero sabemos que podemos sacala adiante. O vestiario do Celta é diferente ao do Barcelona. Son consciente do rol que se me pide. A miña situación é diferente".

Un Rafinha que destacou a melloría do equipo coa chegada de Oscar García Junyent: “Todo o mundo sabe o equipo que temos. Somos un equipo diferente á primeira volta. Sabemos ao que xogamos e temos outra identidade"

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.