CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Miguel Merino: "Existe certo nerviosismo no Celta, pero eu creo que hai que deixar traballar a Óscar e ser pacientes"

28/10/2020 - 23:27 h

O exfutbolista do R. C. Celta Miguel Merino xogou Ao contraataque para analizar o partido do domingo entre o equipo olívico e o Real Sociedade.

Merino considera que o Celta está sendo demasiado irregular neste inicio de temporada, con moita dependencia de Aspas no aspecto ofensivo e con demasiada inestabilidade na parcela defensiva.

Malia isto, o tamén pai do futbolista internacional do Real Sociedade Mikel Merino, considera que o cadro de xogadores do equipo galego ten argumentos futbolísticos dabondo para recuperarse e atopar a liña axeitada.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.