CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Jonny: "O Wattford de Javi Gracia sabía o que facía"

28/10/2019 - 23:10 h

O ex do Celta Jonny Otto xogou onte Ao contraataque.

O actual xogador do Wolverhampton referiuse ao seu ex-equipo e o seu irregular início de  temporada: "Creo que o Celta está ben. Ten moita marxe de mellora, iso si. A falta de goles é o que menos ten que importar, a mellora defensiva é grande e iso si que é importante. Seguramente, cos xogadores que hai, a cuestión da verticalidade vaise solucionar".

Con Escribá discutido o nome de Javi Gracia aparece nas quinielas coma posible substituto, un Gracia que coincidiu na Premier League co lateral de Matamá: "O Watford de Javi Gracia era un equipo que sabía o que facía. Javi sabe o que quere, ten moito currículo no fútbol, e iso é importante".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí