CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Leticia Gil: "A mínima olímpica non é algo que teña realmente como obxectivo, pero quero intentalo hoxe por última vez"

28/06/2021 - 23:48 h

A saltadora galega, Leticia Gil, xogou onte 'Ao contraataque' despois de acadar a pasada fin de semana en Xetafe o título de campioa de España de salto de lonxitude.

A atleta ourensá, cun mellor intento de 6,69 metros, estableceu un novo récord galego da disciplina e quedou a 13 centímetros da mínima olímpica para poder acudir a Toquio.

Leticia, consciente da dificultade de acadar a marca para poder participar nos Xogos, fará esta tarde en Castelló un derradeiro intento de alcanzar os 6,82 e poder viaxar á capital xaponesa a finais do mes de xullo.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.