CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Mollejo: "Ao contaxio non hai medo, pero si respecto e cautela"

28/05/2020 - 23:01 h

O deportivista Víctor Mollejo xogou onte Ao contraataque.

O xogador cedido polo Atlético de Madrid valorou o retorno á competición do fútbol profesional tras a crise da covid-19:

O equipo está moi ben.  Vai coma un tiro nos adestramentos, dá gusto adestrar nestes momentos, pero hai que ter cautela e pensar soamente no partido do Sporting. A mágoa para nós é xogar sen público. Pero hai que afacerse. Agora hai que coidarse. Unha lesión significa dicir adeus a boa parte da temporada. Vai pasar en todos os equipos. Ao contaxio non hai medo, pero hai respecto e cautela.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.