CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Tino Saqués: "Non se prevén movementos neste mercado"

29/12/2020 - 23:33 h

O Club Deportivo Lugo viviu onte a súa xunta xeral de accionistas e ao finalizar o presidente Tino Saqués valorou a actualidade do club albivermello: "A situación económica do club non está onde nos gustaría que estivese, loxicamente, polas perdas que estamos a ter. Toca traballar, teremos que reinventarnos".

Falou tamén do partido contra os asturianos con 10 positivos: "O partido ante o Sporting? Con 5 xogadores profesionais o partido debe celebrarse si ou si. Chamáronme para preguntarme sobre a posibilidade de aprazalo, e é entendible, pero a normativa é a que é".

E sobre o mercado de xaneiro afirmou: "Inicialmente non prevemos movementos. Se os hai, serán moi poucos".

Para finalizar, destacou a confianza no novo técnico e o seu traballo: "Con Nafti estamos satisfeitos. Quedan dous partidos para finalizar a primeira volta, estamos con 26 puntos. Se, cun pouquiño de sorte, podemos sumar 3 ou 4 máis, estariamos nunha boa situación".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.