Ao Contraataque
David Ferreiro: "Por cadro de xogadores, o Celta merece estar onde está agora"
O Celta despedirá o ano recibindo o Huesca en Balaídos. E no conxunto oscense contan con catro galegos nas suas filas: Pablo Insua, Pedro Mosquera, Juan Carlos Real e David Ferreiro.
Este último xogaba onte Ao contraataque para falar do seu equipo e dos celetes: "O Celta está demostrando o potencial que ten. Vai ser un partido moi complicado para nós. Polo equipo que ten o Celta, merece estar onde está. Somos un equipo que propoñemos moito. Incluso arriscamos demasiado na saída de balón".
A un nivel persoal, falaba do seu futuro cos de Huesca: "Quédame só este ano de contrato. Ía renovar, pero está un pouco parado o tema".