CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Nico Rodríguez: "Iremos con todo ao mundial, pero o que conta este ano son os XXOO de Toquio"

28/01/2020 - 23:36 h

O regalista vigués Nico Rodríguez segue con paso firme no seu camiño cara os Xogos Olímpicos de Toquio.

Xunto a Jordi Xammar acaba de gañar a Copa de Mundo de Miami ña súa categoría 470, onde non se baixan do podium en competición internacional dende hai máis dun ano: "As cousas están indo moi ben. O noso obxetivo agora é chegar ao mundial nesta forma . Non pensamos na presión, estamos a facer o noso traballo. A presión é a mesma para todos. Somos conscientes cós bos resultados pasan factura psicolóxica nos nosos rivais".

En marzo dispútase o mundial en Palma pero ás preferencias no 2020 están claras para o regatista olívico: "Iremos con todo ao mundial, pero o que conta este ano son os XXOO de Toquio".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.