CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Sergio: "Tentarei resolver a miña renovación cando peche o mercado de xaneiro"

27/11/2019 - 23:31 h

O porteiro do Celta Sérgio Álvarez xogou onte Ao contraataque.

O de Catoira retornou á titularidade no Madrigal tras un ano de suplencia e valorou as súas sensacións: "Sempre que non xogas é duro. Máis o ano pasado, cando estás nesa situación. O pasado foi un ano complicado, moi difícil. Pero a partir de aí, axudar ao máximo. Non pensar nunca en que nos vas xogar"..

O meta celeste remata contrato o próximo 30 de xuño e tamén se referiu a esta situación: "Saben que estou sempre disposto a falar con eles e intentarei, cando remate o mercado de xaneiro, resolver a miña situación. Para ben ou para mal. A miña primeira opción vai ser sempre estar aquí".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.