CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Pablo Insua: "Son partidario de xogar, pero cando o risco sexa mínimo"

27/04/2020 - 21:12 h

O arzuán Pablo Insua xogou onte Ao contraataque

O actual xogador do Huesca falou sobre o retorno do fútbol profesional: 

"Son partidario de xogar, pero cando o risco sexa mínimo ou nulo. É entendible que haxa xogadores con dúbidas, non tanto por ti, senón por se podes contaxiar alguén que sexa de risco".

O xogador formado na canteira do Dépor tamén falou do seu non retorno final ao club herculino no pasado mercado:

A opción do Dépor gústame, pero agora non está na miña man. A min gustaríame retornar, pero haberá que esperar o momento

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.