Ao Contraataque
Jeison Murillo: "Son autocrítico, sei que desde que cheguei no verán aínda non dei a miña mellor versión"
O central colombiano do Celta, Jeison Murillo, xogou onte 'Ao contraataque'.
O xogador cualificou o momento do conxunto olívico e a chegada do Chacho Coudet:
As novas instalacións levan un nome que está no inconsciente colectivo do club, e tamén entra xa na alma dos xogadores, sexan ou non de Vigo: “Desde que cheguei marcáronme a palabra afouteza e debe tamén marcarnos no percorrido do club"
Falou tamén de que aínda ten que subir o seu nivel de rendemento, que non de implicación: "Sempre son autocrítico, sei que desde que cheguei no verán aínda non dei a miña mellor versión, pero sempre tento dar o mellor e axudar os meus compañeiros"
Sobre o novo técnico, tivo palabras moi laudatorias con el: "O Chacho é unha persona moi próxima. Foi un excelente xogador e ata agora foi un excelente técnico. Penso que vai dar o mellor de si para poñer o seu gran de area"
O encontro co Granada ten que ser unha pedra de toque para o futuro, e así o recalcou nos micros da Radio Galega: "O domingo non hai escusas. Xogamos contra un rival que está, eu creo, nun momento de euforia, pero debemos dar o mellor de nós"