CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Braulio Vázquez : "O Dépor vai ter que sufrir moito para salvarse"

26/11/2019 - 23:19 h

O actual director deportivo de Osasuna Braulio Vázquez xogou onte Ao contraataque.

O ex do Deportivo e do Lugo analizou o derbi galego que disputarán estes o próximo domingo: "O Lugo penso que mellorou bastante, e o Dépor aínda está buscando a súa propia identidade. Teño claro que, máis aló dos problemas institucionais, teñen que unir todos as forzas. O obxectivo mudou, o Deportivo vai ter que sufrir moito para salvar a categoría".

O actual mandatario osasunista tamén se referiu ao Celta, rival dos pamplonicas na Primeira División: "Cando comezou a volta dos 'meniños da Madroa', xogadores que poderían estar en equipos de Champions e Uefa, crearon unhas expectativas que non se corresponden co rendemento. Pero a tempada é moi longa".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí