CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Xulián Suárez: "O árbitro acerta anulando o gol do Levante xa que o atacante en fóra de xogo interfire na acción"

26/10/2020 - 23:22 h

O colexiado Xulián Suárez Fuentes xogou Ao contraataque para analizar a polémica do partido entre Levante e Celta da sétima xornada de Liga na Primeira División despois de que lle fose anulado un gol ao equipo valenciano no tempo engadido por fóra de xogo posicional.

Para Suárez Fuentes o colexiado acerta ao invalidar a acción posto que o atacante, malia non tocar o balón, interfire na xogada ao poder despistar a Iván Villar, porteiro do R. C. Celta.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.