CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Borja Fernández, exculpado no caso Oikos: "Agora estou coma no aire, pero o dano xa está feito. A familia sufriu moito tamén"

30/09/2020 - 23:26 h

Borja Fernández xogou onte Ao contraataque.

O ourensán viu como remataba onte o seu pesadelo particular tras ser sobresido o seu caso na operación Oikos:

"Estou agora coma no aire. Aínda non son consciente da nova. Necesitabamos que chegase. Pero o dano está feito. A familia sufriu moito, eu tamén. Sobre todo nos últimos días estaba moi agoniado. O que creo é que o meu nome cadraba e non investigaron".

Sobre a súa relación contractual co equipo de Pucela, comentou:

"Estou esperando que o Valladolid cumpra a súa palabra. E que non teña que pagar máis castigos dos que xa paguei".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.