CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Miguel Baeza: "Prefiro que xogue Messi. Sempre queres gañar aos mellores"

29/09/2020 - 23:05 h

O céltico Miguel Baeza xogou onte Ao contraataque.

O andaluz valorou os seus primeiros meses no conxunto olívico e o partido que disputará mañá ante o Fútbol Club Barcelona: "Estou como nunha burbulla, vivindo o soño de calquera xogador. Estou moi contento. Xurdíu todo moi rápido, nunha semana. Claro que foi unha sorpresa. As oportunidades , cando saen, hai que aproveitalas. Cando chegou a chamada do Celta non o dubidei. Doulle as grazas por iso, que un club tan forte como o Celta aposte por un é de gran axuda. A miña maior preocupación era encaixar no vestiario, xente de gran talento cun nome no fútbol como Iago, Mallo ou Denis. Moi contento de poder entrar e estar convivindo con eles".

E sobre o seu exadestrador e o actual valorábaos así: "Óscar e Raúl parécense en que os dous queren que aperte, que sexa intenso, que non me relaxe en ningún momento. Queren un equipo intenso os dous, e os dous son adestradores con fame".

Sobre o rival deste xoves, afirmou: "Todo o mundo sabe quen é o Barcelona. Pero o Barça adoita sufrir en Balaídos. Prefiro que xogue Messi, cando gañas prefires que xoguen os mellores xogadores”.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.