Ao Contraataque
Moncho Fernández: "O mellor está por vir"
Moncho Fernández xogou onte Ao contraaataque. O técnico Obradoirista acaba de asinar un comezo de liga memorable con tres vitorias en tres partidos ademáis de chegar a cifra de 300 encontros á fronte do conxunto santiagués:
"Semana fantástica, soñada. Ser quen de gañar tres partidos consecutivos na ACB non é tarefa fácil. Non lle podemos poñer cancelas á ilusión da xente. Unha boa forma de que a xente estea enganchada ao Obradoiro pese a non vir a Sar é darlle ledicias. Pero pensar na Copa agora sería absurdo. A nota triste nesta temporada do 50 aniversario do club é non poder xogar coa nosa xente no Sar".
"O dos 300 partidos non é normal a día de hoxe. Pero é mérito de todos. Necesitamos o club que nos apoia, afección que está aí. O gran mérito é que sexan 300 partidos do Obradoiro na liga no ano do seu 50 aniversario. Agora estou centrado no partido do sábado. O mellor aínda está por vir. Non estou a pensar no futuro. Céntrome no presente".