CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Roberto Fernández: "A Whalley xa o tiñamos en carteira na miña época no club"

26/07/2021 - 23:18 h

O exporteiro e exadestrador de porteiros de Club Deportivo Lugo, Roberto Fernández, xogou onte Ao contraataque.

O de Chantada valorou as palabras de agradecemento verquidas por Ander Cantero cara á súa persoa e tamén analizou a chegada de Óscar Whalley ao club albivermello:

"Unha das cousas que sempre me chamou moito a atención de Cantero foi a súa regularidade".

"Cada equipo ten que saber as virtudes e as limitacións que ten. Clubs como o Lugo non poden facerse con grandes xogadores, son máis un equipo trampolín".

"Creo que Oscar Whalley leva unha traxectoria moi boa. Xa o tiñamos en carteira na miña época no club. Creo que os tres porteiros darán moito do que falar. Espero que poidamos gozar deles".

 

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.