Ao Contraataque
Luis Lemos: "O Bergantiños é un gran club. Por organización e trato é un bo lugar para seguir medrando"
O adestrador do Bergantiños, Xosé Luis Lemos, xogou Ao Contraataque para analizar a súa renovación co equipo de Carballo de cara á temporada 2021-2022.
Despois de alcanzar o ascenso á 2ªRFEF, o técnico iniciará un novo proxecto co obxectivo de configurar un competitivo cadro de xogadores que lle permita á entidade cando menos consolidar o proxecto na categoría.