Ao Contraataque
Rodrigo Corrales e Pedro Rodríguez: "Asinamos unha final España-Hungría o domingo"
Os xogadores galegos de balonmán Rodrigo Corrales e Pedro Rodríguez xogaron 'Ao contraataque' para analizar o enfrontamento das súas seleccións, a española de Rodrigo Corrales e a húngara de Pedro Rodríguez, no derradeiro partido da segunda fase do campionato do mundo.
España derrotou a Hungría 36-28 nun partido en que finalmente non puidemos gozar do enfrontamento entre os dous xogadores galegos ao quedar Pedro fóra da convocatoria maxiar.
A selección española enfrontarase mañá nos cuartos de final a Noruega e Hungría xogará fronte a Francia buscando un posto nas semifinais.
Os dous xogadores galegos, xa que logo, poderían verse de novo na gran final do domingo se as súas seleccións son capaces de gañar os dous próximos partidos.