CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Renato: "Estou orgulloso do que fixen. Respectar o rival é algo que nos ensinaron dende a base no Burela"

25/11/2019 - 23:52 h

O xogador do Burela F. S. Renato xogou onte Ao contraataque.

O prometedor xogador laranxa protagonizou o pasado bado no derbi ante O Parrulo unha xogada onde o xogo limpo foi o protagonista. Tras realizar unha falta a un rival e non sinalar nada o colexiado, lanzou o balón fóra desaproveitando unha clara ocasión para empatar o partido:

"Estou orgulloso do que fixen. Respectar o rival é algo que nos ensinaron dende a base no Burela".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.