Ao Contraataque
Puma Rodríguez: "O Lugo valoroume moito. Iso faime feliz. Juanfran é unha persoa de 10"
Unha das revelacións da temporada de Club Deportivo Lugo, José Luis "Puma" Rodríguez, xogou onte Ao Contraataque e valorou a súa chegada a cidade da muralla:
"O Lugo queríame de verdade e valoroume moito, iso faime feliz, e se un está feliz fora do campo, nótase tamén dentro. O outro día na primeira metade non me sentía cómodo xogando por dentro. Cando o míster se deu conta e abrimos as bandas Gerad e eu, notouse e estiven mellor. O ano pasado custábame un pouco o tema defensivo. Estou polo bo camiño e teño que prepararme máis para axudar máis o equipo no plano defensivo".
"Juanfran é unha persoa de 10. Estou encantado con el e estou moi contento de estar ás súas ordes. Elexín Lugo porque Juanfran e Jorge de Cózar amosaron moitas ganas por que eu estivera aquí. É un bo lugar para poder centrarse no fútbol. Había máis ofertas. Estou tranquilo e feliz en Lugo, vivo no centro, é unha cidade tranquila na que non hai nada polo que preocuparse. Vou tentar aprender o galego".