CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Moncho Fernández: "Estamos na Liga ACB por méritos propios"

25/09/2019 - 23:43 h

O adestrador do Obradoiro Moncho Fernández xogou onte "Ao Contraataque".

Os composteláns debutan na ACB este venres ante o Barcelona e o técnico de Pontepedriña valorou este choque: "Nunca se sabe se é bo comezar ante un grande. Xogamos hai dez días contra eles pero van estar máis maduros e van ter máis xogadores e de importancia. Cústame moito dicir se son o mellor equipo da liga, ves o Real Madrid e pensas o mesmo. Dicir quen é mellor é difícil".

Este ano o nivel da liga ACB é máis alto tralos ascensos de Bilbao e Betis pero o adestrador obradoirista quiso poñer en valor o seu equipo: "Estamos nesta liga por méritos propios. O que estamos a facer estes anos da prestixio. No deporte dous máis dous non son catro. Ogallá nuns meses poidamos falar de estar unha temporada máis na liga ACB".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.