Ao Contraataque
Marta Figueiredo: "O Alcorcón é un equipo moi parecido ao noso e con moita capacidade ofensiva"
A capitá do Ourense Envialia xogou Ao contraataque para analizar o partido desta noite fronte ao Alcorcón nas semifinais do play off na loita polo título da liga feminina de fútbol sala.
A xogadora recoñece que hai moitas dúbidas sobre o rendemento dos equipos despois do confinamento e que a un só partido as cousas iguálanse entre os tres candidatos.